Catálogo


NUESTROS VINOS






"Esconxuro da Queimada"



Esconxuro para dizer, com muito e doado


predicamento, ao remate de se fazer o gostoso amavio.


«Lume,


luminha,


que verde caminha


da fraga


a lareira


e fai-se lumieira.


Lume de quentura
para a nossa fartura;
lume benzoada
que roda a queimada.
Pingota de orvalho,
folha de carvalho;
água do agoiro,
mel do fervedoiro.
Cerqueira de lume,
sem trasno nen fume,
nem bruxa chuchona
nem meiga dentona.
Rolar muinheiro,
chiscar faisqueiro;
moxena luminosa,
vagalume rosa.
Viradeira de luz

faremos a cruz:
Polo ar da sorte
que escorrenta a morte;
pola agua da vaida
que sanda a ferida;
pola erva moura
que busca a tesoura;
pola pedra do raio
que mata o meigalho.
lume,
lume,
lume,
lume lumeada
para alóuminhar
a queima queimada,
na vira,
virida,
do borburelhar.
Polo Sam Silvestre;
de pau de cipreste;
chaga de Sam Roque,
cam e palitroque.
Polo Sam Andrés
e polo Sant-Iago,
num reviravés,
queimada che fago
e, queimada, es.»


(Xosé María Pérez Parallé)